Perfil da clase política en Galicia

Traballo de Fin de Grao. Xornalismo. Facultade de Ciencias da Comunicación (USC)

Curso 2013/2014

Promoción: 2010-2014

Autoría: Mateo Codesido Leborán e Diego Mariño Román

Data de presentación: 17 xullo 2014

Programador da base de datos e o sitio web: Miguel Ángel Rubio Prieto

Deseño e organización dunha base de datos en liña na que se almacenan os datos biográfico / profesionais da clase política en Galicia dende as primeiras eleccións ao Parlamento, 20 de outubro de 1981. É a fase inicial do proxecto, e poden aparecer certas incoherencias, erros e imprecisións como consecuencia das dificultades que poden aparecer nas primeiras fases dun traballo deste tipo no que os datos son esenciais. O proceso documental, ás veces, resulta complexo. Serían 309 nomes, dos que faltan datos de 12 e fotografías, dalgúns outros.

O almacenamento da información centrouse, inicialmente, nos/nas deputados/deputadas das lexislaturas:

II Lexislatura: 17-12-1985 ao 24-10-1989, na que participaron 71 deputados/as

En 1987, tras unha moción de censura contra Gerardo Fernández Albor (Alianza Popular), fórmase un goberno tripartito do que forman parte PSdeG-PSOE, Coalición Galega e Partido Nacionalista Galego, encabezado por Fernando González Laxe e cun vicepresidente, Xosé Luis Barreiro Rivas, que cambiara as filas de Alianza Popular polas de Coalición Galega.

IV Lexislatura: 16-11-1993 ao 28-08-1997, na que participaron 75 deputados/as

Segunda lexislatura na que Manuel Fraga Iribarne volve a ser presidente da Xunta de Galicia, tras ganar outra vez as eleccións por maioría absoluta.

VI Lexislatura: 20-11-2001 ao 26-04-2005, na que participaron 75 deputados/as

Terceira ocasión na que Manuel Fraga Iribarne preside a Xunta de Galicia.

VII Lexislatura: 18-07-2005 ao 06-01-2009, na que participaron 75 deputados/as

Etapa na que a suma dos deputados do PSdeG-PSOE e do BNG avalan a formación dun goberno bipartito.

VIII Lexislatura: 01-04-2009 ao 27-08-2012, na que participaron 75 deputados/as

Primeira lexislatura na que Alberto Núñez Feijóo (PP) se converte, por primeira vez, en presidente da Xunta de Galicia.

A partir da III Lexislatura, o número de deputados/as pasou de 71 a 75.

Parlamento de Galicia

Valid HTML 5 EXPERIMENTAL